CRTVG

Buscar

Doutor en Galicia

Programa 12

30/06/2021 11:30 h

Begoña Campos, tamén coñecida como “doutora amor” traballa como médico oncolóxica no Hospital de Monforte. Con ela descubriremos o porque do seu alcume, ademais de como se subministran os tratamentos oncolóxicos.

No Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo agárdanos Julio Montes, médico de medicina interna. Explicaranos en que consiste o seu traballo ademais da súa faceta máis artística, xa que é autor de varios libros (poemarios e gravados xunto súa muller e biografías patolóxicas de persoas celebres.

Manuel Constenla é o xefe de servizo de oncoloxía do Hospital Provincial de Pontevedra. Estaremos con el no seu despacho e iremos ata o Hospital de Día onde os pacientes reciben o seu tratamento.

Viaxaremos ata o CHUS (Hospital Clínico Universitario de Santiago), onde Rosaura Leis é a coordinadora de gastroenteroloxía e nutrición pediátrica. Con ela veremos algunhas das consulta da súa área e ademais faremos unha visita á biblioteca do hospital.

Victoria García Leiras é enfermeira no Centro de Saúde de Burela dende hai moitos anos. Con ela descubriremos todas as atencións que abranguen os centros de saúde, dende as extraccións de sangue ata as citoloxías, en esquecer as visitas domiciliarias.

Atopar capítulo por: