Zigzag diario
Documentais: "Morreu o demo, acabouse a peseta", "Fragmentos de Brand", "Fraga y Fidel sin embargo"
No estudio está Comba Campoy, produtora executiva de "Morreu o demo, acabouse a peseta", un filme dirixido por Pedro Solla. O documental recupera o teatro ambulante da familia Silvent, que percorreu toda Galicia na primeira metade do século XX, unha viaxe internacional na busca das raíces comúns do teatro popular de marionetas europeo.
Outro documental: "Fragmentos de Brand", de Carlos Álvarez-Ossorio, inspirado na montaxe teatral "Brand" da compañía Cámara Negra, baseada á súa vez nun poema dramático de Henrik Ibsen.
E, por último, "Fraga y Fidel sin embargo", de Manuel Fernández-Valdés, unha viaxe a través das 48 horas de cortesía, a visita de Castro en 1992 á casa onde naceu seu pai en Láncara, entre dous homes con ideas políticas tan opostas