CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Do porco aprovéitase todo

11/11/2017 15:45 h

Do porco aprovéitase todo e hoxe o programa “Vivir Aquí” da TVG dará conta disto. Coa carne do porco faise de todo, dende os clásicos cocidos ás receitas máis curiosas, que se seguen elaborando como se fixo toda a vida.
O programa percorrerá a xeografía galega, que ofrece un abano de delicias gastronómicas que manteñen toda unha cultura, como o botelo da Fonsagrada, a empanada de costrelas da comarca de Valdeorras, o xamón da Cañiza ou o cocido de Lalín. Ademais, os reporteiros do programa da Televisión de Galicia visitarán unha granxa e unha leira onde a cría do porco medra ao aire libre.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: