CRTVG

Buscar

Naqueles tempos

"Do Paraninfo ás top list" (2ª parte)

27/10/2015 23:15 h

Desta volta relátase a historia de Voces Ceibes, o nome que aglutinou unha xeración de novos artistas nos ambientes universitarios coa firme convicción de cantar en galego. O de Voces Ceibes segue a ser un dos fenómenos máis descoñecidos da música popular galega. Benedicto García, Xavier del Valle, Vicente Araguas, Xerardo Moscoso, Guillermo Rojo ou Miro Casavella formaron parte deste grupo, moi politizado e comprometido contra a ditadura.


Este movemento musical iniciado por estes mozos universitarios, cos que colaboraban estreitamente poetas como Lois Diéguez e Manuel María, habería de durar moi pouco tempo por distintas circunstancias, moitas delas motivadas pola permanente vixilancia á que foron sometidos desde o poder.


A edición desta noite de “Naqueles Tempos” incluirá un documento policial “desclasificado” moi revelador neste caso e os testemuños de personaxes como Xesús Alonso Montero, Gerardo Fernández Albor, Saleta Goi, Vicente Araguas, Guillermo Rojo, Xerardo Moscoso, Miro Casavella, Bibiano Morón, Xerardo Rodríguez e Xosé Luís Méndez Ferrín, entre outros.

Atopar capítulo por: