CRTVG

Buscar

Naqueles tempos

"Do Paraninfo ás top list" (1ª parte). Programa 3

20/10/2015 23:15 h

O espírito da Casa da Troya confrontando as correntes contestatarias europeas que agroman nos ambientes universitarios, a polémica pola desaparición da Feira do Gando na Alameda compostelá, a visita do cantautor catalán Raimon en 1967 e as primeiras protestas universitarias dos 68 son algúns dos relatos centrais dunha historia centrada no rexurdir dunha xeración, a do 68, que tería moito que dicir a posteriori sobre o rumbo do país.

En paralelo, aínda que con polémicas cruzadas, artistas de éxito comercial como Juan Pardo teñen a decisión de gravar música en galego, conseguindo que a difusión do idioma chegue ás listas de éxitos.

Atopar capítulo por: