CRTVG

Buscar

Luz verde

Distraccións ao volante

27/05/2017 20:30 h

O programa de seguridade viaria “Luz Verde” ocúpase dos riscos das distraccións ao volante. O espazo, realizado en colaboración coa Garda Civil de Tráfico, recrea situacións habituais na estrada que poden ter consecuencias fatais, como comer ou falar mentres se conduce. Este tipo de infraccións son das máis frecuentes e das que menos conscientes son os condutores, a pesar de que causan máis do 30% dos accidentes mortais na estrada. A psicóloga Eva Muíño explica os motivos destas condutas.

A responsable en Galicia da Dirección Xeral de Tráfico, María Victoria Gómez Dobarro, alerta do impacto das distraccións na seguridade viaria, mentres que o tenente coronel Francisco Javier Molano e os axentes Héctor Teixeira, José Manuel Sixto, Juan Carlos R. Bello e Francisco Javier Illán explican como actúa a Agrupación de Tráfico nestes casos.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: