CRTVG

Buscar

Luz verde

Dispositivos de seguridade

10/06/2017 20:45 h

Os dispositivos de seguridade do vehículo poden resultar determinantes á hora de evitar un accidente ou, en caso de telo, na distinta gravidade das lesións que sufran os ocupantes. Entre os máis destacados están os sistemas de retención, tanto o cinto de seguridade coma o sistema de retención infantil onde deben ir os menores. A seguridade activa, a que contribúe ao manexo do vehículo, e a pasiva, constituída polos elementos que nos protexen despois dun accidente, avanzaron enormemente nos últimos 20 anos.

Os coches son hoxe máis seguros, pero precisan tamén do factor humano para que estes dispositivos poidan ser efectivos. No caso dos menores, reducen nun 90% as lesións despois dun accidente, e o uso do cinto no caso dos adultos, reduce á metade a posibilidade de falecer tras unha colisión de calquera tipo.

O programa fala coa responsable en Galicia da DXT, Mª Victoria Gómez Dobarro, e o tenente coronel Francisco Javier Molano, que non informan sobre a normativa relacionada cos dispositivos de seguridade. Ademais, os axentes Héctor Teixeira, Rubén Pereira, José Manuel Sixto, e o sarxento Manuel Lorenzo comentan a diferenza que, na súa experiencia, constitúe o uso destes elementos, ademais de explicar como actúan nun accidente no que están implicados menores de idade. 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: