CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Diego Santomé / Exposición “Memoria intermitente"

30/09/2014 21:00 h

O artista vigués Diego Santomé está a presentar no CGAC, en Santiago, a exposición “Peza de esquina e outros espazos en conflito”, onde se reúnen unha serie de pezas que resumen as preocupacións presentes no seu traballo durante a última década. O cinema, a fotografía, a instalación, a escultura, a performance ou o debuxo son os formatos que lle permiten abordar, desde un posicionamento crítico, a transitoriedade das estruturas sociais.

 O programa visita na Galería Atlántica da Coruña, a exposición colectiva “Memoria intermitente. Discontinuidades paralelas”, con obras de artistas vinculados a Colectivo Intermitente, que propón, a través de distintas expresións artísticas, a posibilidade de tecer un discurso a partir das diferentes visións desde as que se enfocan a memoria e a ruína como conceptos en que converxen inquietudes estéticas comúns.

Atopar capítulo por: