CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Día de Rosalía: Ana Romaní e “Imaxe e realidade”, de Fernando Pereira / “A saga Courtier en Galicia”

24/02/2014 21:00 h

   A directora do "Diario Cultural" da Radio Galega, Ana Romaní, acode ao Zigzag para falar dun novo proxecto na Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón, que consiste nun audiolibro en que 36 poemas de Rosalía de Castro dan pe á elaboración dun único poema composto polos máis prestixiosos autores.

   O programa ofrece unha reportaxe sobre  o libro de Fernando Pereira. Trátase dunha publicación de iconografía documental onde se analizan algunhas das interpretacións que da imaxe e do espírito de Rosalía fixeron os artistas plásticos de distintas épocas que axudaron a identificala plenamente.

   Tamén coñecemos “A saga Courtier en Galicia”,  obra dos irmáns Beatriz e Alberto Cancela Montes sobre esta famosa saga de músicos de Santiago. Juan Courtier, asentouse en Compostela no ano 1818, ocupando o posto de primeiro violín na capela da catedral, e perpetuou a presenza do seu apelido a través de seus fillos José, Hilario e Juan, e dos seus netos, entre eles, Ricardo, que seguiron coa tradición.

Atopar capítulo por: