CRTVG

Buscar

Desexo concedido

Susy e Juan, Antía, e Miguel

08/05/2022 19:45 h

No segundo programa de `Desexo concedido´, Isabel Blanco demostrará que cando loitamos polos nosos soños poden facerse realidade. Este é o caso de Susy e Juan, que despois de sete anos xuntos e un fillo en común, decidiron dar un paso máis na súa vida e casar, pero non poden porque non teñen os traxes de voda.

Antía, unha moza de 29 anos cunha historia de superación ás súas costas. De nena sufriu acoso escolar e os libros de `Harry Potter´ convertéronse no seu refuxio. O seu desexo é viaxar a Londres e percorrer os escenarios máis coñecidos das súas películas.

Por último, coñeceremos a Miguel, un mozo que leva máis de trinta anos en Vigo afastado da súa terra natal, Monforte de Lemos. Leva dez anos pagando unha débeda dun negocio errado e agora, que comeza a ver a luz, desexa con todas as súas forzas sobrevoar en avioneta a terra que o viu medrar. Como sempre, Isabel Blanco fará todo o posible para conceder estes tres desexos. Benvidos a `Desexo concedido´!

Atopar capítulo por: