CRTVG

Buscar

Vaia troula

Desde a I Romaxe Vikinga en Vicedo

31/07/2016

Achegámonos ata O Vicedo, na Mariña Lucense, para asistir á primeira Romaxe Vikinga que se organiza na localidade. O desembarco, a espectacular batalla na praia de San Román, e a posterior troula na que participan todos os veciños e visitantes son algunhas das actividades das que seremos testemuña.

Ademais, nesta romaría da Mariña haberá moita música, boa comida e algúns xogos para coñecer o estilo de vida dos viquingos. A reporteira Belén Vara, pola súa banda, fará unha visita a parroquia de Beade, en Vigo, con sardiñada e festa a esgalla incluídas.

Ariadna Leis verá en Santiago de Compostela os desfiles que se organizan polo día do traxe galego. Dengues, saias e mantóns serán os protagonistas desta marcha tan colorida. A vila pontevedresa de Lalín acollerá a María Blanco e os seus veciños invitarán á reporteira á procesión, á comida e, por suposto, á verbena que se celebran na honra de Santa Marta.

Estaremos na romaría de San Cosme e San Damián en Culleredo, na festa dos maiores en Vila de Cruces e na festa do carneiro ao espeto en Moraña. A festa de Santa Marta de Velle, en Ourense; a gran batucada de Verín; a festa da zumba de Padrenda, e a exaltación do pito á brasa de Lobariñas, en Crecente, completan o menú trouleiro do programa. Coma sempre, todo isto estará adubado coas actuacións das mellores orquestras e grupos de Galicia que garanten a xolda en todas as localidades.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: