CRTVG

Buscar

Vaia troula

Desde a festa de San Froilán de Lugo

08/10/2017 22:00 h

 A mestra de cerimonias do programa, Nieves Rodríguez, participa na festa de San Froilán no tradicional desfile de gando, percorre as rúas da zona histórica de Lugo, e, claro está, tamén fai unha parada nas casetas do polbo para probar este delicioso manxar.

Belén Vara vive unha noite de San Froilán. Vai de tapas pola cidade, coñece á familia “Peludez” e remata bailando unha gran verbena. A reporteira Ariadna Leis está presente no día grande da festa, en que todos os lucenses fan a tradicional ofrenda ao Santo e despois van gozar da feira en familia. Antía Muíños céntrase nunha das grandes protagonistas destas festas de San Froilán: a música. Porque a cidade é durante estes días un auténtico fervedoiro de agrupacións tradicionais, charangas e grupos de estilos moi variados, que pretenden facer bailar a pequenos e maiores. As cámaras de “Vaia Troula” tamén seguen a celebración do Domingo das Mozas.

Ademais do San Froilán, o programa é testemuña doutras celebracións como a Festa do Marisco do Grove, a Exaltación do Caracol de Cotobade, a Festa do Ramo de Xove, a Virxe das Angustias de Lalín e a Festa da Vendima de Dorrón, en Sanxenxo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: