CRTVG

Buscar

Vaia troula

Desde a festa da Malla tradicional de Doade

19/08/2018 22:00 h

A presentadora Nieves Rodríguez viaxa ata Lalín para participar na 19ª edición da Malla tradicional de Doade. Mentres, a reporteira Belén Vara asiste ao Naufraxio Laxe, unha emotiva homenaxe dos mariñeiros desta vila á súa patroa, a Virxe do Carme. Ariadna Leis acode á Festa do gaiteiro de Soutelo, en Forcarie, unha celebración que este ano conmemora o noventa aniversario da gravación da Muiñeira de Chantada. E Belén Rivero retrocede á época romana nunha nova edición da Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia. As cámaras de "Vaia Troula" tamén están presentes nas festas patronais de Monforte de Lemos, na batalla de flores de Pontevedra e no San Roque de Lavacolla, en Santiago de Compostela. A exaltación da sardiña de Vigo, o San Queremos de Vilantime, en Arzúa, e a Festa do ovo frito de Cervo completan o menú trouleiro. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: