CRTVG

Buscar

Vivir aquí

“De vide en vide”

20/09/2014 15:45 h

O programa “Vivir Aquí” da Televisión de Galicia presenta este sábado, baixo o título de “De vide en vide”, todo un abano de reportaxes xeográfico-culturais, e como non lúdicas, por Galicia adiante tras as vendimas que cruzan de norte a sur e de leste a oeste todo o país. 

Os reporteiros e reporteiras deste espazo da Galega escolleron os mellores bancais, as máis vizosas ladeiras e as adegas máis enxebres onde madura o viño ano a ano, para levarlles aos espectadores a mellor colleita do seu traballo. Para iso, decidiron localizar diferentes puntos das cinco denominacións de orixe dos viños galegos. Por Ourense recolleron entrevistas, a pé da viña, polas comarcas de Monterrei, Valdeorras e -lindando con Lugo- a Ribeira Sacra. Non esqueceron, por suposto, achegarse ata o corazón do Ribeiro para saber como é a vendima desta temporada. En Pontevedra, a carón do mar, entre O Salnés e O Rosal, “Vivir Aquí” estivo cos homes e mulleres da denominación de orixe Rías Baixas que recollen, pisan e almacenan un dos mellores viños do mundo, o albariño.

Atopar capítulo por: