CRTVG

Buscar

Larpeiros Social Club

Programa 2: De ovos, patacas e outros manxares

15/10/2019 22:00 h

Episodio 6. De ovos, patacas e outros manxares Hoxe, no Social Club, falaremos deses produtos que son imprescindibles nas nosas cociñas. Nas casas galegas nunca faltan, por exemplo, as patacas, o pan ou os ovos. Son manxares humildes do gusto de todos, que amañan dende sempre comidas ou ceas, enchendo bandullos e recordos a un tempo. Un chourizo, uns ovos fritidos, unha tortilla... son eses praceres pequenos moi do gusto do galego, que sabe valorar a súa excelencia. E hoxe, no club serán os protagonistas. Con eles -e algo de axuda- faremos un menú dos que non se esquecen. Coma sempre, coñeceremos expertos que fan do seu traballo unha paixón, como Manuel e Ana, que ademais de adicarse ao negocio do turismo rural, crían galiñas poñedoras desas que dan uns ovos cheos de sabor. Ademais, estaremos con Rubén, un mestre da tortilla de patacas... e de outros oficios moi apegados ao mar que ten na porta da casa. E non faltarán a música, a festa e a leria. Benvidos ao Larpeiros Social Club. Empezamos!

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: