CRTVG

Buscar

Larpeiros Social Club

De como os Larpeiros despiden o 2019

30/12/2019 22:30 h

Se algún galego aínda non sabe que cociñar en fin de ano. . . Que tome nota! Adrián anda na procura da mellor centola do mundo polos mercados de toda Galicia. E para saber como hai que cociñala Benigno será o mestre dos fogóns.

E a nosa Merchi viaxou ata Lugo para facer uns mazapáns artesáns que de seguro saberán a gloria. Mentres agardan por eles na mesa, os demais larpeiros van abrindo apetito cun chocolate con churros para o almorzo.

Lola non lle quita o ollo a ese polo da casa, ben criado, que axiña vai meter no forno. Xa o dicían as avoas, as aves de pluma millor con cognac. Para un día tan especial os larpeiros convidaron a unha boa amiga, Pili Pampín.

A proposta de Merchi para a sobremesa é unha torta con ameixas, figos, pasas e albaricoques secos, as froitas mais típicas destas datas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: