CRTVG

Buscar

Larpeiros Social Club

De cociñeiros moi larpeiros

05/05/2020 22:30 h

Benigno agarda invitados importantes e quere atendelos como merecen. Cociñará lomedro ao forno con patacas, lembrando unha receita que aprendeu en Alemaña.

No club temos todo tipo de cociñeiros asociados: están os profesionais, que pechan o seu restaurante para pasar o día con nós, e tamén os de honra, que non teñen negocio pero tampouco o botan de menos, porque cociñan para mais de cen ou douscentos case sen inmutarse -e por puro vicio!-. Tamén contamos con afeccionados, e con outros que só se animan ás veces, e veñen comer e enredar un pouco. Por suposto, non podemos esquecer os diplomados, aqueles que teñen tres ou catro receitas que sempre quedan ben e gustan a todo o mundo. E todos eles teñen en común o máis importante, o esencial: son grandes Larpeiros, algo que é patrimonio inmaterial dos galegos de verdade, que gustamos da perola grande e as comidas compartidas. 

Atopar capítulo por: