CRTVG

Buscar

Desexos cumpridos

David de María, Vicente Seguí, Javier Gómez Noya e Marcial Mouzo

28/12/2013 22:00 h

A velada comeza con María Peña, a presidenta do Club de Fans de David de María en Galicia, que gozará dun concerto moi especial que lle brindará o seu ídolo. Tamén recibe unha sorpresa musical Concha, unha moza con parálise cerebral cuxo soño é coñecer a Vicente Seguí, gañador dunha das edicións de “Operación Triunfo”.

 O deporte tamén estará presente no espazo da TVG, nesta ocasión da man do atleta Iván Magariños, que sofre un problema de visión periférica e que esta noite vai coñecer o seu ídolo, o triatleta Javier Gómez Noya.

 Pola súa parte, Patricia Suevia cumprirá o seu soño de ser pasteleira por un día. Pero a sorpresa tamén chegará para as avoas desta rapaza, que coñecerán en persoa o seu locutor favorito, Marcial Mouzo.

Atopar capítulo por: