CRTVG

Buscar

Sen barreiras

David, Antía, Trameve e ANPEHI

21/02/2017 11:30 h

A Asociación ANPEHI amósanos como as barreiras non existen cando se colabora respectando as diferenzas de todos e cada un. 'Sen barreiras' acompaña os integrantes deste club de artes marciais adaptadas, que percorreron o camiño de Santiago dentro do 'Desafío Mario'.

Coñecemos Trameve, onde se traballa pola integración laboral e social, demostrando que o rendemento non depende de ter ou non ter unha discapacidade, senón de saber poñer en valor as capacidades de todos os traballadores.

O programa conversa con David, un xogador de tenis de mesa que chegou a participar nas paraolimpíadas do 92, e un apaixonado criador de canarios. Tamén conta a historia de Antía, unha moza afeccionada aos idiomas e o manga cunha particularidade, como ela o chama, o asperger, que non lle impide desenvolverse e mellorar día a día.

Atopar capítulo por: