CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Curtocircuíto, "A sombra da lei" e "Elisa e Marcela"

28/09/2017 15:30 h

O programa “Zigzag” recibirá hoxe a visita de Pela del Álamo, director do festival Curtocircuíto, que celebrará a súa 14ª edición en Santiago do 1 ao 8 de outubro. A este respecto, o espazo da tvG2 ofrecerá unha reportaxe sobre as músicas de Curtocircuíto.
Por outro lado, “Zigzag” falará da rodaxe do verán: “A sombra da lei”, o novo filme de Dani de la Torre, con Luís Tosar como protagonista, un thriller cheo de tensión e de constantes xiros na trama, situado a comezos dos anos 20. Finalmente, o programa presentado por Pilar G. Rego entrará nos ensaios de “Elisa e Marcela”, a nova obra da compañía A Panadaría, en coprodución co Centro Dramático Galego, que está baseada na historia real de dúas mulleres que conseguiron casar na Coruña en 1901. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: