CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Culturgal, “O Poder do Arcabuz”, “Europa Express”, Manuel Portas e “A deserción de Stalin”

07/12/2015 21:00 h

Con motivo da celebración esta fin de semana pasada no Pazo da Cultura de Pontevedra da oitava edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, o equipo de ZigZag Diariodesprazouse ata esta cita para coñecer as súas variadas propostas.

Outro dos contidos desta noite á estrea do último traballo de Quique Peón & Cía, 'O Poder do Arcabuz'. Unha obra que estará hoxe e mañá no Teatro Colón da Coruña e recrea as Revolucións Irmandiñas na Galicia da Baixa Idade Media. Un espectáculo de danza de gran formato que aglutina na escena 35 bailaríns, 20 músicos e 40 persoas no coro. 

No apartado de literatura, destacarán o libro de Andrea Maceiras titulado 'Europa Express', unha novela en que catro adolescentes deciden viaxar por Europa tras rematar o Bacharelato. Grazas a este argumento, esta obra de Maceiras recibiu o premio Jules Verne de Literatura Xuvenil outorgado pola editorial Xerais. Outro galardoado do que falará “ZigZag Diario” é Manuel Portas, o convidado de hoxe do programa. Portas recibiu o premio García Barros pola súa novela 'Lourenço Xoglar'. 

O peche do programa porao a banda deseñada de Tomás Guerrero 'A deserción de Stalin', un cómic que está inspirado nas novelas espías dos anos 50. 

Atopar capítulo por: