CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Culto ao corpo

06/12/2014 15:45 h

Baixo a epígrafe “Culto ao corpo”, “Vivir Aquí”, o programa de reportaxes semanal da Televisión de Galicia, presenta este sábado unha escolma dos mellores tratamentos corporais para unha boa saúde. Así, os reporteiros visitarán varios spa, ximnasios e lugares de lecer destinados á mellora do estado físico, sobre todo para aquelas persoas que os precisan pola súa vida acelerada e estresante.

Tamén haberá tempo para que falen os especialistas sobre os diversos tratamentos tanto desde un punto de vista do benestar físico coma da propia mellora estética. Adestradores persoais, estilistas, monitores, etc..... falarán en “Vivir Aquí” sobre as últimas tendencias e as perspectivas de futuro.

Atopar capítulo por: