CRTVG

Buscar

Alalá

Cuba (I)

29/05/2007 22:05 h

Cruzamos o Atlántico con destino A Habana para comprobar a prolífica actividade que a colonia de galegos de Cuba desenvolveu na illa xa que, durante o derradeiro terzo do século, foi o principal destino dos emigrantes que partían dos portos galegos. Dende Alalá queremos aproveitar a viaxe para celebrar todo un acontecemento: o vinte de decembro deste ano 2007 cúmprense cen anos da primeira representación do Himno Galego na Habana.

A grande colectividade de galegos comenza a organizarse formalmente na década do 1870 e van xurdindo centros e asociacións que teñen carácter benéfico, recreativo e cultural. Neste primeiro programa de Alalá en Cuba estaremos no Centro Gallego da Habana.

Tamén falaremos do espírito creador dos galegos de Cuba e como a Habana se convertiu, en certa maneira, na capital cultural de Galicia. Aquí naceron ou se lle deron forma a elementos tan importantes como a Bandeira galega, o Escudo, a edición de Follas Novas de Rosalía de Castro e o Himno Galego entre outras moitas cousas. A pervivencia da nosa tradición musical está presente noutros centros galegos como é o caso da Sociedade Rosalía de Castro. Aquí, galegos descendentes e nativos cubanos móvense ¡que hai que velo para crelo!

Os comezos dos galegos en Cuba non sempre foron doados para moitos. Cos primeiros traballos deixaron algo máis que suor e esforzo, algúns deixaron ata a pel. O que non dubidaron foi en relacionarse cos negros, foron os menos racistas e os que mellor se integraron. De aí, un dito que nos contaron: o mulato é un dos inventos do galego en Cuba.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: