CRTVG

Buscar

Bamboleo

Coti, orquestra Compostela e Hugo Torreiro e Carlos Bau

04/08/2018 22:00 h

“Bamboleo” convida a subir ao seu escenario o cantante e compositor arxentino Coti, que interpreta un mix dos seus grandes éxitos, coma “Antes que ver el sol” e “Nada fue un error”.
O programa presentado por Xosé Manuel Piñeiro tamén recibe a visita da orquestra Compostela e dos artistas coruñeses Hugo Torreiro e Carlos Bau, que presentan o tema “Ai canto che quero”, candidato a converterse na canción do verán en galego, cun estilo que eles definen como galletón, que mestura folk, pop, música tradicional, reggaeton, rumba e cumbia.
No escenario tamén están Candela Forján, interpretando “Unintended”, de Muse, e Suso Lamas, co tema “Abrazadito a la luna”, de Juan Pardo, para competir ambos os dous na sección “Agora ou Nunca”. 
Coma sempre, “Bamboleo” ofrece as seccións “A ITV do amor”, onde un concursante teñen que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; “Déixate de Juasá”, que anima a José Carlos e María a prescindir de tanto trebello tecnolóxico; “A Jrileira”, onde Sara e Silvia se enfrontan ao karaoke cantando “Pavo real”, de José Luis Rodríguez El Puma, e “Dirtidansi”, en que parellas de distintas xeracións bailan bachata e samba.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: