Cos pés na terra

Cos pés na terra. Programa 5 (19/10/2011)

19/10/2011 - 23:30 h
Compartir en Facebook

Porque hai futuro máis alá das cidades e hai xente que aposta por traballar no campo, “Cos pés na terra” segue hoxe tres novas historias apaixonantes de esforzo e tesón, que nos achegan con humor e simpatía a súa opción inequívoca de quedarse na terra como medio de desenvolver o seu traballo.

       As mulleres e os homes que hoxe nos presentan elixen vivir da terra e da vida que nela agroma, a pesar de ter coñecido o estrés das cidades. Así, coñeceremos a historia de Chusa e as súas socias da Cooperativa Milhullóa, unhas mulleres afeitas a sacar os mellores produtos da leira, deshidratalos, comercializalos e ata xuntar terra e mar en saborosas receitas.

    O programa visitará tamén a Guillermo, un veterinario que coida dos animais da Casa Grande de Xanceda e que mantén en tan boa forma as súas vacas que acabou convertido no xerente da fábrica de iogures ecolóxica desta granxa. Con Marisol aprenderemos todas as peculiaridades do porco Celta e como conseguir un bo exemplar, sen malgastar os cartos.

 

 

Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.