CRTVG

Buscar

Cos pés na terra

Cos pés na terra. Programa 3 (05/10/2011)

05/10/2011 23:00 h

 Porque hai futuro máis alá das cidades e hai xente que aposta por traballar no campo, “Cos pés na terra” segue hoxe tres novas historias apaixonantes de esforzo e tesón, que nos achegan con humor e simpatía a súa opción inequívoca de quedarse na terra como medio de desenvolver o seu traballo.

       As mulleres e os homes que hoxe nos presenta este novo programa da Galega, de “A Fonsagrada producións”, elixen vivir da terra e da vida que nela agroma, a pesar de ter coñecido os ritmos e os estilos da cidade. Coñeceremos unha muller, Marta, que fai do coidado das vacas a súa bandeira, xa que nelas atopou as mellores aliadas na procura das sensacións máis crocantes e os sabores máis tradicionais.

     Outras historias achégannos a vida de Catalina, unha labrega de bata branca que levou o seu proxecto de fin de carreira, o cultivo de fungos, do papel á máis fermosa das realidades; e tamén viviremos unha xornada de traballo vertixinosa con Suso, un experimentado veterinario afeito a afrontar a vida, compartindo as súas incribles habilidades.

 

Atopar capítulo por: