Cos pés na terra
Cos pés na terra. Programa 1. (21/09/2011)
21/09/2011 22:15 h
Da man da primeira protagonista de hoxe, Yoli, visitaremos a granxa escola Garabullos, en que non só cría todo tipo de animais, senón que tamén atende a terra, lévanos a facer pan e aínda atopa tempo para amosarnos a lagoa de Cospeito.
A segunda historia lévanos ata o Mosteiro de Oseira, onde o Irmán Luís nos ofrece a oportunidade de ver como ceo e terra se funden na horta e como as nosas pregarias son atendidas en forma de licor feito con folla de eucalipto. Para coñecer a vaca cachena o programa acompaña a Pablo, criador desta raza, camiño enriba polos montes de Entrimo.