Cos pés na terra
Bibi e Sofía, Alejandra, e Lorena
14/11/2022 23:15 h
En “Cos pés na terra”, temos clase no bosque. Visitarémo-lo proxecto educativo que levan adiante Bibi e Sofía, e todo pra descubri-lo que gozan e aprenden os máis pequenos estando en contacto coa natureza.
Coñeceremos a Alejandra, experta no deseño de espazos de cultivo. Visitarémola nas hortas que acaba de preparar pra abastece-la cociña dun hotel, ó tempo que daremos conta da importancia de ter unha contorna rica en produto e habitantes.
Temos tamén unha cita con Lorena, unha gandeira nova que ten como paixón o preparado e manexo de gando pra concurso. Con ela, descubriremos o ben que leva unha vaca unha sesión de peiteado.