Cos pés na terra
Aarón, César e Xosé Luís
01/02/2021 22:30 h
Hoxe, en “Cos Pés Na Terra”, imos coñecer a Aarón, criador de aves rapaces que nos vai amosar moiiitas especies, todas elas autenticamente espectaculares... Temos tamén unha cita con César, un rapaz que transformou o seu ordenador… E a súa cámara… En apeiros de labranza do século XXI, cos que gaña-la vida nas redes… E imos coñecer a Xosé Luís, criador de vacas vianesas, raza autóctona galega en perigo de extinción pola que o noso amigo sente… Verdadeira devoción…