CRTVG

Buscar

Cos pés na terra

Andrés, Cris, Salvador e Jose Manuel

13/05/2019 23:00 h

Sétima temporada de "Cos pés na terra", un programa que mostra como homes e mulleres sobradamente preparados que, podendo elixir, optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Coñecen o mundo urbano, poderían escoller outros oficios, outras carreiras, pero se decidiron por un xeito de vivir a un ritmo e cun estilo distintos dos da cidade. Falamos de bos profesionais, de persoas que non tomaron a súa decisión á lixeira ou por puro romanticismo. Son agricultores, gandeiros, artesáns, madeiristas, hostaleiros... con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. E procuran demostralo cada día. En cada capítulo de "Cos pés na terra" contamos con tres protagonistas. Combínase a historia e a vida cotiá dos tres, homes e mulleres, en función do contraste que presentan entre si: o que vive só e o que ten familia numerosa; o que recupera labores e produtos tradicionais co que innova ou opta polo exótico; o prudente e o botado para adiante; o novato e o experto; o que ten a cidade a un paso e o que vive lonxe de todo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: