CRTVG

Buscar

Corremundos

Portugal vs Galicia

02/11/2022 23:15 h

Neste capítulo viaxaremos polo distrito de Aveiro, un Portugal menos coñecido, aínda que igual de fascinante. Pasaremos un día cun bombeiro portugués, un oficio que esixe enormes doses de sacrificio e solidariedade. E veremos como un bombeiro da Coruña e os seus compañeiros están sempre preparados para axudar aos veciños.

De volta en Portugal, seguiremos investigando fumes, pero neste caso os que emanan da grella do dono dunha churrasquería. E, xa que estamos, trataremos de desvelar o misterio do seu famoso mollo. Un obxectivo complicado, sabémolo... A ver se tamén temos sorte aquí e nos contan que leva o adobo do churrasco perfecto. Por probar non vai quedar.

Atopar capítulo por: