CRTVG

Buscar

Corremundos

Grecia vs. Galicia

16/11/2022 23:15 h

Neste capítulo, perderémonos en Varvakios, o lugar onde converxen os produtos máis frescos e saborosos de Grecia. Se vos gusta o peixe, aquí atoparedes o mellor do Exeo. Aínda que para mar, o noso! Así que os que prefirades facer a compra en Galicia, sempre podedes achegarvos a Teis, que seica hai peixeiros moi xeitosos.

De volta en Atenas, visitaremos un obradoiro de coiro que bebe da tradición helena, sen esquecer achegar un toque de modernidade aos seus bolsos e sandalias. Tamén coñeceremos o taller dunha artesá galega. Dende O Rosal, crea pezas para clientes de todo o territorio nacional. E algúns de fóra das nosas fronteiras! Atentos porque 'Corremundos' está a piques de comezar!

Atopar capítulo por: