CRTVG

Buscar

Corremundos

Francia vs. Galicia

11/02/2023 18:00 h

Que teñen en común a capital francesa e Santo André de Teixido? Que hai que ir unha vez na vida, aínda que no caso de París por razóns menos devotas.

Neste capítulo investigaremos o sector da construción parisiense. A cidade non ten fama de barata precisamente, así que a saber canto custa realizar unha reforma aquí! Tamén veremos a cantidade de traballo que afronta a diario un albanel en Santiago. Para sobrevivir no sector, hai que saber facer de todo e ben en tempo récord.

De volta en París, acompañaremos a unha esteticista na súa xornada laboral. Os franceses gastan moito máis que os galegos en tratamentos. Veráselles na cara? Porque nós tampouco saímos con mal aspecto á rúa! Quizais grazas á xenética ou ás grandes aptitudes dos profesionais da beleza. Atentos porque 'Corremundos' está a piques de comezar!

Atopar capítulo por: