CRTVG

Buscar

Corremundos

Finlandia vs. Galicia

30/11/2022 23:15 h

Neste capítulo coñeceremos como se traballa a madeira en terras nórdicas. O deseño e a fabricación de mobles son tradición alí, así que buscaremos unha carpintería pra ver que tal o fan. E como boa materia prima en Galicia non falta, veremos a que proxectos se enfronta outro artesán do sector nun taller compostelá.

De volta en Helsinqui, pasaremos o día na escola. A educación constitúe un dos alicerces da sociedade finesa. E chegou o momento de saber por que o seu sistema é un dos máis admirados. Tamén visitaremos un colexio en Sigüeiro e investigaremos todo canto alí fan os alumnos. Cando soe o timbre do final das clases, comprobaremos se superaron o exame.

Atopar capítulo por: