CRTVG

Buscar

Galegos no mundo

Programa 12: Copenhaguen

16/09/2010 22:30 h

Nesta viaxe "Galegos no Mundo" fai parada na cidade galardoada como o mellor lugar para vivir do mundo: Copenhague. É a porta de entrada a Escandinavia e está unida a Suecia pola ponte de Oresund, un portento da enxeñería civil. Compite con Ámsterdam no número de bicicletas por habitante e os seus cidadáns son un exemplo de tolerancia e civismo. Ten como símbolo unha serea.

O equipo do programa estará hoxe acompañando a seis galegos que se estableceron en Copenhague, internándose nas súas vidas e motivacións, como o caso de César Vide, un chofer da embaixada de Arxentina en Copenhague que amosará co seu coche os mesmos sitios onde leva os diplomáticos cando visitan a cidade, e Iago Cordal, un enxeñeiro informático de Lugo que se adaptou perfectamente ao estilo de vida dinamarqués.

Da man de Óscar Pardo, bolseiro de Erasmus, coñeceremos como vive un estudante da Universidade Técnica nunha casa colector que dispón de todas as comodidades. Co compostelán Sergio Montero subiremos á torre dunha igrexa para contemplar unha das zonas máis cobizadas da cidade: Christania. Despois cruzaremos a ponte de Oresund hasta Suecia onde vive este galego fascinado pola cultura escandinava.

Outras testemuñas serán a viguesa, Estefa Cortés, que recibirá a visita de súa irmá Vanesa para axudala coa súa tese de doutoramento, xa que ambas as dúas están a ampliar os seus estudos de enxeñería de telecomunicacións; e o de Alejandro Tobar, que mostrará como é unha casa típica dinamarquesa.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: