CRTVG

Buscar

A casa da Conexa

Mucha e Nucha con Susana Seivane, Lorena Freijeiro e Cristian Silva

03/07/2014 22:45 h

Os gaiteiros Susana Seivane, Lorena Freijeiro e Cristian Silva levarán hoxe a súa música e todo o seu bo humor ao programa da Televisión de Galicia “A Casa da Conexa”. Ademais, estes tres artistas galegos beberán da súa propia menciña, xa que terán que enfrontarse a unha proba musical que será avaliada polo xurado de Ardebullo, composto por Mucha e Nucha. 

Se a música e o humor cen por cento galego será protagonista esta noite nunha nova entrega de “A Casa da Conexa”, tamén o será a literatura galega. O libro “Follas Novas”, da gran autora galega Rosalía de Castro, espertará o lado máis sensible e paixonal dalgún dos veciños de Ardebullo, como será o caso de Toño “O Alemán”, que descubrirá o amor e a atracción que sente pola maestra da vila, Claudia (Lucía Regueiro).

Por outro lado, a clase de idiomas que impartirán hoxe as fillas da Conexa será de portugués. Aínda que é unha lingua veciña e irmá do galego, Nucha intentará explicarlles aos espectadores, e sobre todo á súa irmá Mucha, as diferenzas de significado dalgunhas palabras iguais que en galego. E, no consultorio de Mucha e Nucha, recibirán unha chamada en directo para solucionar un problema de saúde dunha fiel seguidora do programa.

Moncho e Xosé Ramón, cociñeiros de Ardebullo, o matrimonio de “Os Roncha” e o pretor romano e o seu fiel Luís Do Sar tamén estarán esta noite con todos os espectadores galegos. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: