CRTVG

Buscar

A casa da Conexa

Mucha e Nucha con Marta Lado, David Amor e Pepe Solla

29/05/2014 22:45 h

Como ser famosa, os preparativos dunha voda en Ardebullo e a visita dun personaxe ben coñecido a esta peculiar vila serán algunhas das tramas que poderán ver esta noite os espectadores da Televisión de Galicia nunha nova edición de “A Casa da Conexa”.

Mucha quere ser famosa, saír nas revistas e gañar moitos cartos dando exclusivas. No seu propósito, non desaproveitará a ocasión de venderlle aos xornalistas a presenza en Ardebullo dun actor moi famoso e que se encontra na súa casa. Ao final, como é habitual, as cousas mestúranse de tal maneira que nada é como parece.

Doutro lado, unha parella de moda en Ardebullo (Marta Lado e David Amor) queren casar e organizar unha voda por todo o alto. O primeiro paso que darán nos seus preparativos será a elección do menú, para o contarán co asesoramento do cociñeiro galego Pepe Solla. É máis, o restaurador visita Ardebullo non só para encargarse desta voda, senón tamén coa idea de abrir un restaurante na vila. 

“Os Roncha” e a cuadrilla de obreiros de “Construcións Amancio” serán outros dos personaxes que pasarán a noite cos espectadores galegos, que descubrirán tamén como é a ceriminonia do té dos “homes carballo” nunha nova entrega do documental “Agochados”. Ademais, Mucha e Nucha falarán de novas tendencias na decoración de interiores e atenderán no seu consultorio unha nova dúbida dunha fiel seguidora. 

Para rematar a festa desta noite, Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro versionarán outro dos éxitos musicais desta temporada: a canción “Señorita”, de Abraham Mateo. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: