CRTVG

Buscar

A casa da Conexa

Mucha e Nucha con David Amor e Santiago Pemán

07/08/2014 22:30 h

Ardebullo prepararase esta noite para vivir a fin do mundo e TeleArdebullo busca home do tempo. Todo isto e máis nunha nova edición do programa “A Casa da Conexa”, con Mucha e Nucha en acción.

Hoxe en Ardebullo a noticia de que se vai acabar o mundo poñerá nerviosos os veciños da vila. Máis que os veciños, as que se preparan son Nucha, Mucha e Claudia (Lucía Regueiro). Despois de escoitaren a información na radio, deciden que queren cumprir os seus últimos desexos, para o que non dubidan en visitar o padre Gaspar (David Amor). 

Por outro lado, TeleArdebullo necesita un home do tempo e convocan na vila un casting, ao que se presentan dous veciños moi especiais e o gran meteorólogo Santiago Pemán. 

Ademais, coma en cada edición, os espectadores da TVG verán novas entregas de “Culturízate con Mucha e Nucha”, que nesta ocasión abordará a arte do graffiti; en “Bricorreciclaxe”, Cholo e Barbeito daranlles aos espectadores os pasos necesarios para facer o seu propio prato de polbo; na “Clase de idiomas”, as irmás lánzanse a aprender chinés e o matrimonio de “Os Roncha” non perderá fío do que acontece na serie “O Faro”. 

O número musical da noite volverá ser todo un éxito na pista de baile. Hoxe, Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán farán a súa particular versión da canción “No digas nada”, de Cali & El Dandee.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: