CRTVG

Buscar

A casa da Conexa

Mucha e Nucha con Xosé R. Gayoso

01/05/2014 22:45 h

A cultura e o espectáculo estarán, se cabe, aínda máis presentes en “A Casa da Conexa”. O programa de humor, entretemento e música, cuxa segunda temporada comezou a semana pasada na Televisión de Galicia, ofrecerá hoxe unha velada chea de espectáculo nas súas máis diversas manifestacións artísticas. 

Esta edición contará ademais coa presenza do alcalde de Ardebullo, Toñito, que é como o coñecen os veciños, que virá acompañado doutro ilustre persoeiro dedicado á comunicación e que todas as semanas presenta na TVG todo un espectáculo musical: Xosé R. Gayoso. O coñecido presentador exercerá de mestre de cerimonias nun acto cultural moi importante para a vila.

Ardebullo está hoxe de celebración e inauguración. A vila máis famosa da Galega contará a partir desta noite cunha escultura que simbolizará “O home de Ardebullo”. E, aínda que en Ardebullo preparan por todo o alto as celebracións, sempre hai algo que as estraga como ocorrerá neste caso. 

Por outro lado, Paco (Josito Porto), o sobriño de Mucha e Nucha, quere traballar no circo. O problema será que pode facer el alí. Pois nada. A única que parece que pode dedicarse a iso é Mucha, que sorprenderá a todo o mundo cos seus trucos de maxia. 

Esta semana os espectadores tamén descubrirán outras seccións novas como o documental “Agochados”, onde expertos antropólogos lles descubrirán o comportamento dos “homes carballo”, unhe especia que habita moi preto de Ardebullo. Outra sección que inaugurarán hoxe Mucha e Nucha sera “O consultorio”, onde as irmáns de Ardebullo intentarán dar respostas e consellos, da máis variada temática, ás cartas que cada semana reciben no seu domicilio.

Por último, a edición deste xoves de “A Casa da Conexa” complétase con “Os Roncha”, que darán a súa particular versión do programa “Luar”; e “Aprende idiomas con Mucha e Nucha”, onde ofrecerán unhas nocións básicas do vocabulario xaponés.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: