CRTVG

Buscar

Luz verde

Consumo de drogas

06/05/2017 20:45 h

Na súa segunda entrega, o programa sobre seguridade vial “Luz Verde” trata de sensiblizar os condutores sobre os efectos ao volante do consumo de drogas. A condución baixo a acción de estupefacientes é unha das maiores preocupacións na actualidade para a Garda Civil de Tráfico. Dende a introdución dos controis destas sustancias a pé de estrada en 2011, non se acadou aínda unha diminución da porcentaxe de positivos.O programa recrea situacións que os axentes viven a diario nos seus controis, en que detectan consumo de cannabis, metanfatamina, anfetaminas, cocaína e opiáceos. O tenente Francisco Javier Dopico e o cabo primeiro Rubén Pereira contarán moitas das súas experiencias. O responsable da Agrupación en Galicia, o tenente coronel Francisco Javier Molano; o xefe provincial da DXT de Ourense, David Llorente, ou a psicóloga especializada en tráfico, Eva Muíño, completan a descrición dunha problemática que, co alcohol, estivo presente no 30% de accidentes con falecidos no 2015.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: