CRTVG

Buscar

Cos pés na terra

Construíndo pandeiretas / Hostaleiro rural / Centro de cría de aves

16/12/2014 22:15 h

Nesta edición, os espectadores descubrirán, da man de Sanín e dos seus compañeiros, que se ben tocar unha pandeireta pode parecer sinxelo, construíla xa non o é tanto.

“Cos Pés na Terra” tamén ten unha reserva para visitar a Casa dos Muros, na Ribeira Sacra, aloxamento rural onde as cámaras do programa inmortalizarán unha xornada na vida de Berni, fotógrafo reconvertido en hostaleiro que vai revelar que, con traballo, calquera cousa pode caer do ceo.

Máis vale paxaro na man que un cento voando. Isto foi o que debeu pensar Francisco cando montou o seu centro de cría de aves. Pero debéuselle ir algo a man cando a día de hoxe ten máis de 2.000. 

Atopar capítulo por: