CRTVG

Buscar

Luz verde

Condutores temerarios

13/05/2017 20:45 h

“Luz Verde” ponnos ante casos de condución temeraria, frecuentes nas estradas. Amósanos episodios como os piques entre condutores, que inician carreiras sobre o asfalto poñendo en perigo o resto dos usuarios da vía. Os vídeos gravados pola Garda Civil de Tráfico rexistran as infraccións destes condutores que, nos casos máis graves en que causan un dano directo a outros,  se enfrontan a causas penais.

O sarxento Manuel Lorenzo, o cabo primeiro José Manuel Sixto e o garda civil Héctor Teixeira comentan algúns dos casos cos que se atopan na estrada no seu día a día, e a maneira en que tratan de poñerlle freo.  O tenente coronel Franscisco Javier Molano e o responsable de Tráfico da provincia de Ourense David Llorente profundan na definición das condutas temerarias e nas consecuencias legais destas infraccións. Pola súa banda, a psicóloga Eva Muíño indaga nas causas destas condutas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: