CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Sole Jiménez, Gelria, a orquestra Salsarena e Astarot

16/09/2017 22:00 h

“Bamboleo” recibirá a visita de Sole Jiménez, unha das voces máis recoñecidas e prezadas do panorama musical español pola súa emocionante calidez e a súa inconfundible personalidade. A que fora voz de Presuntos Implicados durante máis de dúas décadas leva xa once anos de carreira como solista.
O programa tamén ofrecerá a actuación do grupo de música galego Gelria, que interpretará temas do seu disco “Cantos de Poeta”. Sons tradicionais e de raíz, jazz, clásicos e contemporáneos serven de base para esta antoloxía musicada da poesía galega.
Presentado por Xosé Manuel Piñeiro e cun elenco de colaboradores que se apoderarán do escenario, o “Bamboleo” desta noite contará tamén coas actuacións da  orquestra Salsarena e de Astarot, veterana banda de rock de Cangas do Morrazo, fundada hai 34 anos.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: