CRTVG

Buscar

Larpeiros

Con Silvio Barreiro, filloas con recheo de centola, arroz con grelos e vieiras e filloas con mousse de chocolate

14/02/2017 22:00 h

 Os “Larpeiros” reciben esta noite como convidado o cociñeiro Silverio Barreiro, acabado de chegar da illa de Tenerife, onde traballa. O chef chega á casa co mellor produto que atopou no mercado, unhas centolas, coas que preparará un saboroso aperitivo: filloas con recheo de centola e salsa de nécora. Pola súa banda, Don Benigno cociñará o prato forte do menú, arroz con grelos e vieiras. Merchi e Leni  encargaranse de completar o menú con filloas con mousse de chocolate e mandarinas revoltosas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: