CRTVG

Buscar

Land Rober Tunai Show

Con Sabela Arán e Tamar Novas

13/09/2018 22:00 h

Este xoves volve o “Land Rober Tunai Show” á TVG e volverá dar que falar porque por primeira vez o programa sairá ás rúas. O show presentado por Roberto Vilar comezará á vez no estudio e nalgún sitio de Galicia en directo. Os espectadores deben estar moi atentos porque pode ser a súa vila.
Os Xubilados aínda non puxeron punto e final á troula que lles deparou o verán.  Concha e Manolo van dalo todo nun dos festivais galegos de máis sona.
No arranque desta nova temporada, o programa recibirá a visita do actor Tamar Novas, que compartirá show cos polifacéticos David Perdomo e Sabela Arán, un trío de auténtico luxo.
Pero isto non é todo. O programa non se despega da actualidade e mediará no caso dos zamoranos que queren converterse en galegos. Haberá novos personaxes, novos retos e novos xogos nun programa en que o público terá aínda máis protagonismo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: