CRTVG

Buscar

Bamboleo

Programa 90

23/05/2015 22:00 h

O programa “Bamboleo” achegaralles hoxe aos espectadores da Televisión de Galicia unha nova velada de espectáculo e entretemento familiar, nesta ocasión coa música do cantante alavés Raúl, que se deu a coñecer no ano 2000 coa canción “Sueño su boca”. O seu último disco, “Contra marea”, co que pretende amosar os recunchos da súa alma, lembra o vivido desde entón e pretende navegar por unha corrente contraria á xa coñecida, pero sen esquecer os que seguen botar de menos os seus primeiros éxitos.

O musical presentado por Xosé Manuel Piñeiro tamén recibirá este sábado a visita do grupo de música popular galega Os Carunchos. Gaita solista, percusións varias, polifonías nas voces e acompañamento de zanfona, xunto con vellas e novas cantigas, fan que os seus directos sexan unha verdadeira festa chega de forza e diversión. Ademais, o programa contará durante toda a noite coa amenización da orquestra Essencia.

Esta nova edición de “Bamboleo” ofrecerá tamén as seccións habituais do programa, entre as que destacan “Agora ou Nunca”, onde medirán as súas voces Sandra Barreiro, co tema “Beautiful”, de Christina Aguilera; e Camilo Puga, que cantará “Yo soy aquel”, de Raphael. 

En “Canción dedicada”, Carmiña e Luís, de Pontevedra, contarán a súa historia sentimental; mentres que en “A ITV do amor”, o público terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas infalibles. Ademais, en “A Jrileira”, persoas do público competirán cantando con karaoke; os colaboradores do programa afrontarán os retos máis difíciles en “O tempo xusto”; e parellas de distintas xeracións bailarán na sección “Dirtidansi”.

Atopar capítulo por: