CRTVG

Buscar

Larpeiros

Con Pepe Solla, lombo de porco ao sal con gornición de froitas e biscoito de froitas

12/09/2017 22:00 h

Os “larpeiros” están hoxe dispostos a celebrar o día mundial da froita e pensan cociñar con elas, tanto cousas doces coma salgadas, para facerlles a homenaxe que merecen.
As froitas serán tamén protagonistas do aperitivo, que preparará Lola coa axuda dun convidado moi especial: Pepe Solla, un dos cociñeiros galegos máis recoñecidos no mundo enteiro. Benigno Campos tamén ten na cabeza unha receita para facerlle a súa particular homenaxe ás froitas: lombo de porco ao sal con gornición de froitas, un prato co que completará un menú sorprendente e moi apetecible. A festa será completa co biscoito de froitas co que Merchi e Leni agasallarán o resto dos “larpeiros”.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: