CRTVG

Buscar

Con Amor e compañía

Con Pepe Solla

12/06/2017 23:30 h

“Con Amor e Compañía” recibe un dos reis dos fogóns galegos, o cociñeiro Pepe Solla, propietario dun restaurante que posúe a Estrela Michelín máis antiga de Galicia. Pepe Solla é un dos cociñeiros con máis traxectoria na cociña galega. No programa, conta como se iniciou no negocio familiar, como evolucionou e cal é o prato que despois de 37 anos continúa na súa carta, entre outras cousas. 

Ao chef agardaránlle moitas sorpresas, como a visita da famosa “Estrela Michelín”. Levan 37 anos xuntos, pero o que non sabe el é como se sente realmente esta particular estrela no seu restaurante. Ademais, o programa descobre algún segrediño de Pepe e comproba que padal ten o cociñeiro someténdoo a unha proba con alumnas da Escola de Hostalería Lamas de Abade.

Pero antes de recibir o convidado e de falar de gastronomía, David Amor fai o seu monólogo sobre a “Operación Biquini”: fala de dietas, de consellos para perder peso

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: