CRTVG

Buscar

Luar

Marta Sánchez, Hevia e Sito Sedes

13/03/2015 22:00 h

O programa “Luar” contará hoxe coa presenza dunha das mellores voces deste país e unha das grandes estrelas da música pop española, Marta Sánchez, que lles presentará aos espectadores galegos o seu novo disco, que, baixo o título de “21 días”, é un dos traballos máis persoais da cantante, autora de todos os temas do álbum.

Tamén actuarán este venres de “Luar” o artista asturiano Hevia, inventor da gaita electrónica, que revolucionou a música popular, exportándoa máis alá das nosas fronteiras; e o cantante Sito Sedes, cuxa traxectoria con Los Tamara e os seus 13 anos liderando Los Satélites non aplacaron a súa sede de escenario.

Ademais, o grupo de pandeireteiras Lagharteiras, integrado por mulleres cunha ampla traxectoria no campo da música tradicional, presentarán no espazo da TVG o seu primeiro disco, un recompilatorio en que recollen unha parte importante de todo o traballo realizado desde a súa formación no ano 2007.

A Banda de Música de Vilagarcía, que este ano cumpre século e medio de existencia, a Agrupación Folclórica Xacarandaina e a Rondalla do Club de Campo de Ferrol completan a proposta musical do “Luar” desta semana, en que se falará coches de liña, un dos medios de transporte máis populares en Galicia durante moitos anos.

Por outro lado, no concurso “Vai de Gaita” haberá un novo asalto entre o equipo verde, composto por Manuel, Iago e Daniel, e o equipo laranxa, formado por Saray, Miguel e Judith. Mentres, en “Recantos”, esta semana será a quenda de Irene Amador, de Terras do Eume, e de Pablo Couto, representante da comarca do Miño.

Atopar capítulo por: