CRTVG

Buscar

Con Amor e compañía

Con Lucía Pérez

08/09/2017 00:30 h

Lucía Pérez é unha das cantantes galegas máis queridas polo público e espectadores galegos. De sobra é coñecida por todos a súa trepidante carreira artística, pero o que David Amor intentará esta noite é descubrir algúns aspectos máis da súa vida e do seu día a día. Para tal reto, Lucía non dubidará en participar e responder a todo o que lle propoñan, coma as preguntas tipo test que lle fará o presentador. Ademais, a cantante  desvelará que curiosa afección ten cando está na súa casa do Incio e, da man do seu irmán, Javier Vizcaíno, os espectadores coñecerán tamén un “supersegredo” que á  convidada desta semana lle dá moita vergoña contar por aí.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: